Monday 01 de July de 2024

O xoves inaugúranse e ábrense ao tráfico a totalidade das obras de Sol y Mar


Este xoves día 20 de xuño, ás 18:00 horas, terá lugar o acto público de inauguración e apertura ao tráfico das obras realizadas na zona de Perillo coñecida como Sol y Mar. Será na rúa do Areal, nas inmediacións da rotonda, e contará coa actuación musical dunha orquestra municipal.

“Por fin vai chegar o día da apertura ao tráfico das obras de Sol y Mar. Imos levar música para celebralo, porque ben o merecen os veciños e veciñas que sufriron estes 3 longos anos de obras e incomodidades diarias. Queda unha zona moi moi agradable para as persoas que viven alí e unhas novas infraestruturas viarias que permitirán unha mellora importante do tráfico nos accesos á cidade”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Deja un comentario